Unha persoa quedou atrapada no interior do seu vehículo tras chocar contra un farol en Vigo. O accidente ocorreu na Avenida Arquitecto Antonio Palacios, pasados cinco minutos das 14 horas, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba da colisión e da posibilidade de que houbera persoas atrapadas. De inmediato, o 112 Galicia avisou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local e a Protección Civil. Finalmente, os bombeiros utilizaron material de excarceración para liberar ao ferido.