A folga convocada pola CIG-Industria no sector da automoción en Galiza mobilizou milleiros de traballadores en Vigo, Pontevedra e Ourense. Empresas clave como BorgWarner, Treves e Faurecia paralizaron a súa actividade durante o paro, que comezou o mércores á noite e rematará hoxe ás 24:00 horas.
O secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, destacou a unidade e forza do persoal ante a precarización do sector e criticou a inacción da Xunta e do Goberno central. A convocatoria marca un fito como a primeira folga deste tipo no Estado español.