O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Concello de As Neves, onde se presentou a nova retroexcavadora mixta adquirida co apoio dun fondo de 32.500 euros do Fondo de Compensación Ambiental (FCA). Este equipamento, de segunda man, permitirá mellorar as labores de limpeza e coidado do medio natural no municipio, especialmente tendo en conta a súa vulnerabilidade aos incendios. Reguera destacou a «boa decisión» do concello, que dará resposta ás necesidades ambientais da zona e mellorará a súa capacidade de xestión no ámbito da protección do espazo natural.