O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, participou nas actividades de Nadal organizadas polo centro de día público e visitou as melloras realizadas no centro de día e na escola infantil, cun investimento total de 64.736 euros por parte da Xunta de Galicia.
No centro de día, investíronse máis de 55.000 euros para mellorar a accesibilidade, eliminando barreiras arquitectónicas e problemas de acumulación de auga. Tamén se cubriu a entrada para protexela do vento e a choiva, e renovouse o lucernario e os patios interiores.
Na escola infantil, destináronse preto de 9.000 euros ao cambio de pavimento interior e elementos de carpintería, mellorando o illamento fronte ao frío e a humidade.
Perfecto Rodríguez reafirmou o compromiso da Xunta co benestar dos maiores e das familias.