Esta mañá tivo lugar no Salón de Actos do Recinto Feiral de Curtis a presentación oficial do Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas, que se celebrará mañá no Pavillón Municipal. No acto participaron diversas autoridades e representantes do balonmán galego, pechando o evento Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, quen destacou a importancia da cita.
O campionato contará coa participación de Inclubasket A Coruña, CB Parla BMSR e Inclusport Serban. Ademais dos partidos, haberá exhibicións de ximnasia artística, patinaxe e baile.
Galicia reafirma así o seu compromiso coa inclusión e o crecemento do balonmán en cadeira de rodas, consolidando esta disciplina no deporte galego.