A base do transporte sanitario aéreo de Ourense leva 14 días sen helicóptero

Helicóptero del 061 con base en Ourense
Helicóptero del 061 con base en Ourense

A CIG-Saúde denuncia que o helicóptero do 061 con base en Ourense leva sen prestar servizo dende a mañá do pasado 17 de xaneiro, data na que se trasladou a Sabadell para realizar labores de mantemento. Dende hai 14 días esta base está descuberta porque a empresa que ten o contrato, ELIANCE, non dispuxo un helicóptero de reposto malia que así o dispoñen os pregos de condicións. 

A delegada da CIG neste servizo, Charo Rúa, explica que o prego de contratación especifica que no caso das revisións rutineiras a empresa ten que cubrir o servizo cun aparello de reposto dende o minuto cero. Pero os incumprimentos por parte de ELIANCE, son práctica habitual. De feito, apunta Rúa, en datas recentes a base de Santiago quedou descuberta durante 8 días, xa que o helicóptero partiu o 6 de xaneiro, ás 17h, para unha revisión a Sabadell e non retornou a Galiza até o día 13 pola noite. Esta circunstancia xa foi denunciada nos medios de comunicación pola CIG, a través da Xunta de Persoal.

Para a representante da CIG resulta «patético» que a dirección do 061 asegure que nestes períodos a poboación segue cuberta, aducindo que de haber unha emerxencia se cubriría co persoal do helicóptero por terra, enviando unha ambulancia. «Nin que dicir ten que se o servizo fose o mesmo por terra, non farían falla os helicópteros sanitarios», retruca.

En calquera caso, incide en que non se poden enviar estes aparatos cubrir os servizos se non están fisicamente na súa base e tampouco «podemos saber se estas ausencias custaron algunha vida, porque iso non se rexistra». 

Para a CIG-Saúde resulta obvio que a Xunta de Galiza ten contratado un servizo que a empresa ELIANCE «non está a cumprir, pero todos os galegos e galegas pagamos». E aínda que a administración di que se lle están impondo sancións á empresa «iso non soluciona o problema de non ter helicóptero para atender as emerxencias».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad