Galicia levará os seus viños ao Parlamento Europeo para poñelos en valor

Viños galegos
Viños galegos

A Xunta e os consellos reguladores das cinco denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) colaboran para poñer en valor e promocionar o viño galego mediante unha acción extraordinaria no Parlamento Europeo. 

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo esta tarde unha reunión de traballo en San Caetano con representantes destas entidades, para avanzar nesta acción divulgativa e de promoción, prevista inicialmente para a vindeira primavera.

O obxectivo desta iniciativa é difundir a calidade do viño galego nunha das institucións máis importantes da Unión Europea, como é o Parlamento. Así, está previsto que nesta xornada de promoción, que se desenvolverá na sede da cámara en Bruxelas, os presidentes das cinco DO expoñan a situación do sector, a súa historia, identidade e principais retos (ambientais, burocráticos, comerciais etc.). Ademais, estas intervencións complementaranse coa degustación de viños e outros produtos galegos de calidade diferenciada.

A intención dos organizadores é convidar a estes actos a representantes do sector vitivinícola e agrícola europeo (asociacións, empresas, funcionarios europeos, asesores, sindicatos e outros), así como a eurodeputados de todos os partidos e países vinculados ao sector do viño e a autoridades con presenza na capital comunitaria, coma o comisario de Agricultura, a presidenta do Parlamento, o embaixador de España ante a Unión Europea ou o presidente da Comisión de Agricultura. Esta iniciativa reforzarase con accións de comunicación, para intensificar a presenza dos viños galegos en redes, medios e na propia sede da Eurocámara.   

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad