Luis López presenta no Porriño os dous coches cos que a Deputación patrocina a participación de dous pilotos da provincia no Campionato Galego de Rallys

Presentación no Porriño
Presentación no Porriño

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta o impulso ao automobilismo pontevedrés que o ente provincial está a realizar a través do programa pioneiro +Talento Motor, unha “academia” de pilotos da que sairá o condutor do coche patrocinado pola Deputación para participar na Dacia Sandero Eco Cup, a categoría ecolóxica, do Campionato Galego de Rallys. Na escola de motociclismo Ikeric Racing do Porriño, o mandatario provincial presentou os dous vehículos que levarán o nome da Deputación na máis importante competición de motor que se celebra en Galicia. Ao volante do segundo coche estará Yago Martínez, gañador da primeira edición deste programa provincial que, despois da súa vitoria na cita autonómica do 2025, seguirá contando co apoio da Deputación este ano na categoría Clio Trophy. 

“Hai un ano puxemos en marcha o +Talento Motor porque a AMF Motorsport e a Federación chegaron á Deputación con este proxecto. Foi un éxito e estamos xa na segunda edición”, sinalou o presidente Luis López nun acto no que participou o deputado provincial e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; e representantes da escudaría AMF MotorSport, da Federación Galega de Automobilismo e da escola de motociclismo Ikeric Racing. Pola súa banda, o rexedor porriñés amosouse “orgulloso de que esta presentación se faga no Porriño, un Concello que apoia tanto ao deporte como a Deputación de Pontevedra que estao apoiando como nunca”.

Lembrou o presidente provincial que o prazo de presentación de aspirantes mantense aberto ata esta xornada de mércores, 19 de febreiro. O gañador da segunda edición será elixido o vindeiro domingo, 23 de febreiro, nunha proba de selección que terá lugar no circuíto de aumobilismo de Forcarei. O elixido terá como premio a participación na Dacia Sandero Eco Cup, unha categoría ecolóxica do Campionato Galego de Rallys composta por cinco probas: o Rally Mariña Lucense, o Rally de Pontevedra, o Rally Sur do Condado, o Rally Comarca do Carballiño e o Rally San Froilán. 

“Pódese dar a circunstancia que saia un novo campìón. No ano 2024, saíu Yago Martinez e este ano non o iamos deixar abandonado neste proxecto. A proposta da Federación, habilitamos os medios para que Yago poida seguir competindo e vaino facer na Copa Clio”, avanzou Luis López o beneficiario do segundo patrocinio da Deputación para esta edición do campionato autonómico.

Un patrocinio que terá continuidade nas seguintes tempadas. Se o becado do programa +Talento Motor consegue o triunfo na Copa Dacia Sandero Eco Cup terá asegurada a súa participación na tempada seguinte na Copa Clío aos mandos dun coche financiado pola Deputación. Mentres que, se o triunfador desta categoría ecolóxica, malia non ter participado no +Talento Motor, cumpre os requisitos de ser pontevedrés, principiante e cunha idade comprendida entre os 18 e 24 anos poderá optar tamén ao patrocinio para competir na Copa Clío.

“Desde a Deputación non podemos estar máis que orgullosos de poder seguir construíndo unha provincia extraordinaria da man do deporte”, concluíu o presidente Luis López. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad