O Entroido de Laza, unha das festas máis antigas e auténticas de Galicia, celebrarase do 7 de febreiro ao 9 de marzo. Os Venres de Folións (7, 14 e 21 de febreiro) encherán as rúas de música e bombas.
O Xoves de Comadres (27 de febreiro) será para as mulleres, con cea e verbena. O Domingo de Estrea (2 de marzo) destaca pola saída dos Peliqueiros e o reparto da bica.
O Luns Borralleiro (3 de marzo) traerá a esperada Baixada da Morena e o reparto de cachuchas. O Martes de Entroido (4 de marzo) despedirá os Peliqueiros cunha gran verbena. Finalmente, o Domingo de Piñata (9 de marzo) pechará a festa cun día de música e gastronomía.
Programa do Entroido de Laza
7, 14 e 21 de febreiro – Venres de Folións
- 23:00 h: Folións desde o fondo da Cerdeiriña con chocas, fachóns e bombas, percorrendo as rúas de Cerdeiriña, A Picota, A Rúa, Souteliño e Cimadevila.
27 de febreiro – Xoves de Comadres
- 14:00 h: Folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro polas rúas.
- Noite: Cea de Comadres e verbena co grupo «3.COM».
28 de febreiro – Venres de Folión
- Tarde: Pasarrúas co grupo tradicional «Tanto Nos Ten».
- 21:30 h: Cea de Cocido na carpa da praza. (Inscricións: entroidodelaza@gmail.com ou 617 94 07 28).
- 00:00 h: Gran Folión desde a Cerdeiriña, percorrendo as rúas de Laza.
1 de marzo – Sábado de Cabritadas
- Tarde: Pasarrúas co grupo «Tanto Nos Ten» e feira na praza.
- Noite: Cea e verbena co grupo «3.COM».
2 de marzo – Domingo de Estrea
- Mañá: Saída dos Peliqueiros e pasarrúas coas charangas «Europa» e «Os Kokakolas». Reparto da bica na Picota.
- Tarde: Desfile de carrozas e música co grupo «Os Varacuncas».
- Noite: Verbena coa orquestra «M3 Show».
3 de marzo – Luns Borralleiro
- Mañá: Pasarrúas con «No Cómbaro» e «Varacuncas».
- Tarde: Baixada da Morena e festa na praza con reparto de cachuchas e música dos «Festicultores».
- Noite: Verbena coa orquestra «Triunfo».
4 de marzo – Martes de Entroido
- Mañá: Pasarrúas con «Os Kokakolas» e «No Cómbaro».
- Tarde: Saída dos Peliqueiros Veteranos.
- Noite: Fin de festa coa orquestra «Alma Latina» e a charanga «Bicoia».
9 de marzo – Domingo de Piñata
Todo o día: Pulpeira na praza e animación musical coa charanga «Bandinós Band».