A primeira alerta recibiu-se ás 7:10 horas desta mañá, cando un particular viu a unha persoa flotando na fonte da praza de Salvador de Madariaga, indicando que parecía falecida. De inmediato, o 112 Galicia solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Nacional e Local, así como dos Bombeiros e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Coruña. Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento da muller, sen que puidese facerse nada para salvar a súa vida. As causas do suceso están sendo investigadas.