
Laura Villar Loureiro gañou o Premio Despunte ao Mellor Traballo de Fin de Estudos do Grao en Deseño de Moda coa sua colección Lembranza.
Virginia Pozo, da empresa galega Coosy fíxolle entrega do galardón, dotado con 1.5000 € un diploma acreditativo que lle entregou o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González.
O Premio Miscelánea ao Mellor Proxecto de último curso do Grao en Deseño de moda foi para a colección El ombligo de Venus ideada por Iria Donsión Fernández. A empresa textil galega El Pulpo fíxolle entrega dos 500€ cos que está dotado o galardón e a Directora Xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernández o diploma que o acredita.
Tamén se entregaron o Premio Despunte ao Mellor Traballo de Fin de Estudos do Grao en Deseño de Produto, dotado por Signus Ecovalor con 1.500€, que recaeu en Óscar Vidal.
Artesanía de Galicia fixo entrega do Premio Fusión Artesanía e Deseño, dotado con 1.500€ que foi para Diego Reis Nascimiento.
Galicia de Moda dotou o Premio ao Proxecto de Moda máis Innovador (consistente nun editorial de moda e a participación na San Telmo Fashion Week) que recaeu en Raquel Blanco Gesteiro.
O Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Fotografía, dotado con 500€ en material fotográfico de González Almacén Fotográfico foi para Sofía Daga.
Luca García gañou o Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Técnicas Escultóricas, dotado por Paudepedra con 500€.
Raquel Martín foi a gañadora do Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Xoiaría Artística, dotado con 500€ polo Colexio Oficial de Xoiaría.
Tamén houbo dous Premios “A Lingua da túa Terra”aos dous Mellores Proxectos que poñen en valor a lingua e cultura galegas, dotado polo Dpto. De Dinamización da Lingua Galega da EASDMM con 200€ cada un, que foron para Laura Maquieira e Sofía Daga.
Diana Nogueira foi a presentadora desta Gala Despunte no que se amosaron aos mais de 500 asistentes as coleccións realizadas para os Traballos Finais de Estudos do alumnado que acaba de graduarse, como parte do Grao en Ensinos Artísticos Superiores en Deseño de Moda da escola, así como os de asección Miscelánea (microcoleccións e proxectos desenvolvidos no 3º curso da titulación).
O Xurado do Desfile Despunte estivo integrado por Marcos Batuecas (exalumno e senior CRM & Customer Experience Manager UK & IRE en Lacoste), Sixing Xi (exalumna, deseñadora, ilustradora e socia en Tuuinx Slow Fashion, pertencente a Artesanía de Galicia), Martín Acuña, gañador da última edición Despunte, un representante das empresas galegas El Pulpo e Coosy.
Edu Valiña (conservador xefe da Fundación Eugenio Granell), Juan Marcos Adrio Fondevila (director da EASDMM) e representantes de Signus Ecovalor, Paudepedra, González Almacén e do Colexio Oficial de Xoiaría integraron o Xurado da Exposición Despunte.