A Deputación de Ourense promove un Centro de Innovación Territorial para fomentar o emprendemento rural

Redcit
Redcit

A Deputación de Ourense acada o compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para impulsar, conxuntamente, a constitución dun Centro de Innovación Territorial (CIT) na provincia de Ourense, un espazo estratéxico para reactivar territorios rurais que xa funciona noutras provincias españolas. O deputado de Innovación, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, asinou hoxe o protocolo de colaboración coa ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Sara Aaegesen Muñoz, no marco do Encontro Nacional de Centros de Innovación Territorial, celebrado en Ponferrada. 

O futuro CIT, que se integrará nunha rede de centros interconectados de toda España, permitirá traballar en conxunto para facilitar o desenvolvemento de proxectos innovadores no rural e iniciativas de emprendemento. 

Os Centros de Innovación Territorial (CIT) configúranse como espazos estratéxicos de ámbito provincial e multiprovincial. concebidos como ecosistemas de colaboración nos que desenvolver iniciativas innovadoras que contribúan a reactivar os territorios rurais en vías de despoboamento. 

O protocolo de cooperación entre a Deputación de Ourense e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico implica a vontade de impulsar conxuntamente a futura constitución dun Centro de Innovación Territorial (CIT) nun municipio rural da provincia de Ourense.

O deputado de Innovación, Jorge Pumar, destaca o «logro» acadado dende a Deputación de Ourense coa cooperación acadada para a futura implantación dun CIT. En palabras de Pumar, «permitirá loitar contra a despoboación do rural a través de ferramentas clave como innovación, emprendemento e asentamento de poboación «.

Ademais, o deputado de Reto Demográfico, Xosé Miguel Pérez Blecua, participou nas xornadas celebradas en Ponferrada durante tres días para dar a coñecer os proxectos en materia de innovación territorial.

Oito novos territorios na RedCIT

Ademais da Deputación de Ourense, tamén se sumaron hoxe ao procolo de colaboración outras sete deputacións e administracións que se adhiren á RedCIT. Son Burgos, Castellón, Guadalajara, Palencia, Lugo, Tarragona e Asturias.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad