Lunes, 9 de noviembre de 2026
Noticias de Galicia, eventos, sucesos, ...
Ourense

O Concello de Ourense licita a cafetería do Xardín Xaponés, “La Pajarera”

Redacción 1 min de lectura

La Pajarera
La Pajarera

O Concello de Ourense activará esta fin de semana o proceso para licitar a concesión da cafetería do Xardín Xaponés, coñecida como "La Pajarera". O contrato terá unha duración de cinco anos, cun prezo base de 3.500 euros máis IVE ao mes.

O espazo inclúe un local interior e unha terraza de 40 metros cadrados. As ofertas deberán presentarse a través da Plataforma de Contratación do Estado. A Xunta de Goberno Local aprobará esta semana o expediente, mediante procedemento aberto, para adxudicar a explotación do establecemento hostelero.