O PSdeG de Ourense lembrará ás vítimas do Holocausto cunha charla sobre os galegos nos campos de exterminio

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense conmemorará o aniversario da liberación realizada polas tropas soviéticas, en 1945, do campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau, na Polonia ocupada. «O 27 de xaneiro foi a data elixida en 2004, polo Consello de Ministros presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, para celebrar o Día da Memoria do Holocausto e a Prevención dos Crimes contra a Humanidade», expón o secretario de Memoria Democrática da CEM, Xosé Lois Carrión.

Así mesmo, lembra que, en 2005, a asemblea xeral de Nacións Unidas aprobou unha resolución pola que se elixiu o 27 de xaneiro de cada ano como o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto. «Aínda que deben ser todos e cada un dos días de todos os anos, nesta data réndese tributo á memoria desas vítimas para ratificar o compromiso social de loitar contra calquera forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos», sinala o socialista.

Nesta liña, dende a Comisión Executiva Municipal defenden que o odio xamais é o camiño e que a memoria é o seu antídoto. «As mulleres e homes socialistas queremos lembrar aos millóns de xudeus e xudías que sufriron o exterminio e reclusión nos campos de concentración, mais tamén aos republicanos e republicanas que, por mor do terror franquista, tiveron que fuxir de España a Francia, onde foron capturados polos nazis», puntualiza sobre o asunto que se abordará durante o acto e que contará coa participación do historiador Carlos Lozano.

Ademais, as e os socialistas poñen o foco tamén na poboación xitana, nas minorías relixiosas, nas persoas con discapacidade ou nas persoas homosexuais e transexuais que tamén foron obxecto do exterminio e a barbarie nazi «nunha Europa subxugada polo réxime hitleriano». «Por iso, agora é un bo momento para reiterar o compromiso que temos contra o antisemitismo e todos os delitos de odio. Debemos ser firmes contra calquera forma de violencia, persecución ou discriminación, sexa esta o racismo, a xenofobia, o antixitanismo, a LGBTIfobia ou a islamofobia; especialmente cando observamos con profunda preocupación o incremento de mensaxes de odio e intolerancia en moitos países, mesmo nalgúns Estados membros da UE que xa os padeceron anos atrás nas súas propias carnes», explica Carrión.

Por todo elo, dende o PSdeG de Ourense organizan un acto que, por cuestións de axenda, terá lugar o venres 31 de xaneiro en vez do propio día 27. Nel, ademais de a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González, e o secretario de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión, participará o historiador e profesor Carlos Lozano que falará dos compatriotas galegos e ourensáns que padeceron naqueles campos de terror e nos cales a maioría perdeu a súa vida.

As diferentes intervencións e posterior coloquio terá lugar nunha sala do Centro Cultural Marcos Valcárcel, a partir das 19:30h o vindeiro día 31, venres. A entrada é libre ata completar o aforo.

Vítimas do holocausto
Vítimas do holocausto

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad