Os socialistas de Ourense propoñen a Cristina Pato, Raquel Carrera, Paula Ginzo e Rosa María Cid Galante para o Premio Clara Campoamor

Cristina Pato
Cristina Pato

O grupo do PSdeG no Concello de Ourense levará ao Consello Municipal de Igualdade unha batería de propostas para conmemorar o 8M na cidade e tres candidaturas diferentes para resultar premiadas co Clara Campoamor polas súas máis que recoñecidas traxectorias profesionais. Trátase de Cristina Pato –á que xa propuxeron para o galardón na edición anterior–, Raquel Carrera e Paula Ginzo –ámbalas dúas participantes coa selección española de baloncesto nos Xogos Olímpicos– e a historiadora e defensora da memoria das mestras da República, Rosa María Cid Galante.

No que atinxe ás actividades do 8M, as e os socialistas recuperan algunhas propostas xa realizadas en anteriores ocasións, por non se ter feito nada ao respecto dende o goberno de Gonzalo Pérez Jácome nos últimos anos, como é o caso de poñer en marcha o rueiro feminino –comezando por Olga Gallego pero extendéndoo ao resto de destacadas figuras incluidas no mesmo–.

Por outra banda, a educación e a concienciación deben estar presente en todos os ámbitos da sociedade e as edís do PSdeG consideran imprescindible que lugares como os centros cívicos, as asociacións veciñais sirvan para acoller actividades ou mesas redondas nas que se reflexione sobre eidos como a linguaxe inclusiva ou para que as mulleres poidan compartir experiencias laborais e expoñer a súa opinión sobre como se podería acadar unha equidade real e efectiva no traballo.

Ademais, dende o grupo municipal socialista propoñen unha actividade sinxela para promover a reflexión e que a cidadanía poida observar a realidade dende unha perspectiva diferente e que a exhorte ao cambio. Para elo sería necesario colocar, en puntos clave, espellos con mensaxes claras sobre a igualdade e o feminismo. En lugares como escaparates de comercios, paradas de autobús, edificios públicos e rúas transitadas poderían instalarse vinilos ou adhesivos de espellos con frases curtas pero directas de tal xeito que cando alguén os mire lea: «O feminismo es ti. A igualdade comeza cando a esixes», «Se ves desigualdade, non mires cara outro lado», «Aquí debería haber máis mulleres facendo historia», ou «Non somos invisibles, somos imparables».

A maiores das propostas anteriores, entenden que 2025 é un ano no que se podería apostar pola transversalidade aproveitando o día das Letras Galegas adicado á poesía popular oral que ten como eixo central ás mulleres (xa que foron elas as que preservaron a cultura); o ano de Castelao, recuperando personaxes femininos que amosan a explotación sexual, a penosa emigración ou o servilismo cruel; e, por suposto, o 8M no que as mulleres traballadoras demostran sororidade e empoderamento para poder saír adiante no seu día a día.

Pin It on Pinterest

Diario de Galicia
Diario de Galicia
Cristina Pato
Disfruta de nuestra galería de fotos de la «II Carreira pola Igualdade» de Barbadás
Ambulancia en el CHUO de Ourense
N525 coa Avenida Zamora
Congreso Camelia
Revolver
Carnavales de Ourense
Autovía y autopista AP-9 en Vigo y puente de Rande
Jácome y trabajadores de Faurecia
Entroido de Ourense
Diario de Galicia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad