A Deputación avanza que destinará  máis de 1,2 millóns de euros á financiación íntegra da mellora do espazo público na contorna da igrexa e cemiterio de Santa Baia de Donas, en Gondomar

Donas en Gondomar
Donas en Gondomar

O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña visitou hoxe xunto co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, Donas, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras de adecuación urbana e mellora do espazo público na contorna da igrexa e cemiterio de Santa Baiona, cun investimento de máis de 1,2 millóns de euros. Almuíña lembrou que para esta actuación o organismo provincial xa comprometera 900.000 euros do Plan Extra Provincia Extraordinaria e anunciou que este venres, en Xunta de Goberno, se aprobarán outros 308.000 euros do Plan +Provincia para completar o orzamento e financiar o 100% da actuación.

O deputado provincial deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, que permitirán ao Concello de Gondomar recuperar o carácter de espazo público e o acondicionamento das redes de servizos na contorna do núcleo de Mosteiro, na parroquia de Donas. A obra prevé rexenerar o actual estado de tramo rodado a espazo peonil e para elo vaise crear un espazo accesible cunha plataforma única, que incluirá espazos verdes con vexetación autóctona. Tamén se instalará novo pavimento e novas canalizacións para completar a rede soterrada existente de baixa tensión e crearase unha nova rede de saneamento de pluviais, así como a pre-instalación da rede de telecomunicacións e a renovación da rede de abastecemento. A actuación completarase coa recuperación e posta en valor da fonte e lavadoiro e coa dotación de novo mobiliario urbano na contorna.

Almuíña recordou que “somos un goberno que escoita e atende aos concellos” e “estamos a transformar a provincia con programas como o Plan Extra, que ascende aos 38 millóns de euros para financiar proxectos estratéxicos nos concellos, ou o Plan +Provincia,  dotado con 48,2 millóns de euros”. O deputado provincial asegurou que “o noso obxectivo principal é que a provincia avance como nunca antes fixera”, e “con plans como estes concellos como Gondomar están a afrontar investimentos e a impulsar actuacións transformadoras, que modernizan o territorio e melloran a calidade de vida da veciñanza”.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad