A Deputación de Pontevedra destina máis de 107.000 euros á mellora da piscina municipal da Cañiza

Piscina de A Cañiza
Piscina de A Cañiza

A deputada provincial Nava Castro visitou a piscina municipal cuberta da Cañiza xunto a membros do goberno local para anunciar unha achega de máis de 107.000 euros destinada á renovación do sistema de depuración da instalación. O investimento será aprobado este venres na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra e forma parte do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 8 millóns de euros, o dobre que na súa primeira edición.

Grazas a este plan, A Cañiza verá incrementados os fondos recibidos nun 135% respecto á anterior convocatoria, pasando dos 45.000 euros destinados á cuberta das pistas de pádel a máis de 107.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética da piscina. A actuación inclúe a instalación dun novo sistema de microfiltración con membranas cerámicas e un sistema de tratamento de auga, co obxectivo de reducir o consumo e mellorar a sustentabilidade da infraestrutura.

Nava Castro destacou o compromiso da Deputación co municipalismo e o deporte, e afirmou que Pontevedra aspira a converterse na “provincia do deporte”.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad