O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse onte a Silleda para apoiar na busca dun mozo desaparecido no concello dezano. A alerta foi recibida polo 112 Galicia arredor das 16:30 horas, tras a notificación dos familiares. Na operación tamén participan o GES de Lalín, a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces. Ata o momento, as tarefas de localización non deron resultados positivos, pero continúan os esforzos de busca.