Diario de Galicia
Deportes

A primeira final 4 da tempada xa está aquí: O espectáculo do balonmán xuvenil chega ao pavillón de Loureiro en Vigo

Redacción 2 min de lectura

Final 4 balonmano
Final 4 balonmano
Final 4 balonmano
Final 4 balonmano

Os mellores equipos xuvenís de Galicia loitarán pola segunda praza para o sector estatal.


Hoxe, ás 17:00 horas, presentouse a Final 4 Xuvenil feminina e masculina. O acto de presentación contou coa presenza de: José Barciela, Presidente do A.D. Carballal, club organizador, Carla Abad, Vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán e Bruno López, Presidente da Federación Galega de Balonmán. Ademais, estiveron presentes os equipos xuvenís do club organizador que participarán na competición: o Calfrima Carballal (xuvenil feminino) e o Autocaravanas Van&Fun A.D. Carballal (xuvenil masculino).

A Final 4 disputarase o sábado 29 e o domingo 30 de marzo no Pavillón Loureiro de Vigo. Os horarios dos encontros son os seguintes:

Sábado 29 
10:00 - Semifinal 1 Feminina: Mecalia Atlético Guardés - SAR Rodavigo 

12:00 - Semifinal 2 Feminina: Calfrima Carballal - Balonmán Chapela

14:00 - Semifinal 1 Masculina: Embutidos Lalinense - Autocaravanas Van&Fun A.D. Carballal 

16:00 - Semifinal 2 Masculina: Celtamotor Reconquista de Vigo - Club Cisne Colegio Los Sauces

Domingo 30 

11:00 - 3º e 4º posto Feminino 

13:00 - 3º e 4º posto Masculino

16:30 - Final Feminina 

18:30 - Final Masculina

Ás 20:00 horas, celebrarase a entrega de premios, a onde acudirán a recoller o seu galardón os equipos campións galegos: o Escayolas Miguel Santos Bm. Cangas, en categoría xuvenil feminina, e o Bm Culleredo Remax Riazor, en categoría xuvenil masculina. Ambos equipos xa se atopan clasificados para disputar o sector nacional.

A Final 4 xuvenil masculina e feminina contará con actuacións nos descansos e con actividades no exterior organizadas polo club local, que tratarán de amenizar unha fin de semana na que o balonmán será o gran protagonista.